A Xunta obriga a separar as casas 50 metros dos eucaliptos

La Voz LA VOZ | FERROL

FERROL

Medio Rural saca un decreto novo para evitar incendios forestais A consellería organiza charlas informativas sobre a norma en Moeche, Cerdido e Cedeira

05 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?ende este verano, rexen en Galicia novas normas para protexer as zonas habitadas dos incendios forestais. Entre outras novidades, o decreto publicado pola Consellería de Medio Rural prohibe plantar eucaliptos en terras de cultivo. Ademais, obriga aos donos das casas cercanas aos montes a manter unha distancia de seguridade da zona arborada. Así, todas as vivendas ou construcións non poden estar a menos de 50 metros dos eucaliptos e a 25 metros das outras especies arbóreas. Os propietarios afectados dispoñen de cinco anos para adaptarse a estas normas de seguridade. Estas cuestións e outras máis recollidas no decreto para a prevención de incendios forestais serán explicadas nos próximos días por técnicos especializados da consellería. As citas desenvolveranse nos concellos de Cerdido, Cedeira e Moeche, nunha das zonas con máis masa forestal de Galicia e, por tanto, con moitos veciños afectados polas novas normas da Xunta. Segundo informou a oficina agraria de Cedeira, que animou á xente a asistir, as charlas informativas celebraranse no consistorio de Moeche o día 11. O martes 12, a cita será na escola do Castro de Cerdido, e o xoves 14, no auditorio municipal de Cedeira. A hora das conferencias será as sete da tarde nos tres casos.