Reportaxe | Preparados para todo tipo de rescates
18 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Nada lle teñen que envexar os 18 bombeiros do parque comarcal do Eume ao heroe de cómic Spiderman que, grazas a andar texendo redes e escalando por todas partes, recibía o alcume de home araña. Nada lle envexan porque eles, no ano que levan traballando en As Pontes, rescataron a oito persoas de lugares de difícil acceso como rochas ou ríos ou, como no caso dun rapaz que sufriu un accidente de cochw, dun terraplén de máis de vinte metros. Sen embargo, como a eles lles faltan os poderes máxicos do heroe, non lles queda máis remedio que formarse para cumprir co seu deber. E así o fan. Neste ano pasaron 680 horas aprendendo. ¿Que fixeron? A semana pasada perdéronse polo Eume para ensaiar con rescates de persoas illadas no medio dun monte ou a punto de marchar por un río. Nos últimos días, tiveron un curso para aprender a usar un desfibrilador (para as paradas cardiorespiratoria) e, ¿quen sabe o que farán no futuro? Adrenalina non ha faltar.