Presentación dun libro sobre Cortázar e teatro

La Voz LA VOZ | FERROL

FERROL

O martes, no salón de graos da Facultade de Humanidades de Ferrol, o Concello presenta a publicación feita co gallo das xornadas sobre Julio Cortázar que tiveron lugar no municipio. Por outra banda, mañá ás sete da tarde na Casa das Palmeiras, o grupo de teatro Oquetiqueiras presenta O traxe novo do Rei. E, ademais, a asociación Néboa nedense organiza un obradoiro de sexo seguro para rapaces a partires dos doce anos.