O Concello urxe unha actuación da Xunta no Cádavo para frear as inundacións

La Voz LA VOZ | FERROL

FERROL

O edil de Urbanismo, Manuel Pico, explicou onte que os operarios municipais levan desde o luns traballando no Cádavo. Trátase dunha actuación para quitar sucidade e cortar algunhas pólas que impiden o paso da auga. Sen embargo, e malia o traballo efectuado, Pico indicaba onte que «os efectos non se deixarán ver moito, porque o Concello pouco lle pode facer ao río». E é que, segundo explican dende Fene, quen ten que actuar na conca é Medio Ambiente, xa que é preciso, por exemplo, retirar unha torreta de Fenosa ou cortar algunhas árbores. Por iso, o Concello xa enviou unha petición a Augas de Galicia para tratar o asunto.