Entrevista | José Naveiras Rivera
31 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.O Concello de Cerdido inaugura hoxe unha exposición de José Naveiras Rivera, baixo o nome de Unha obra, unha mirada. A mostra, que permanecerá aberta ao público durante todo setembro, está formada por maquetas que este galego procedente de Sequeiro (Valdoviño) construíu dende a súa estancia en Suiza. O lugar elexido para o acto é o Concello e o centro de saúde. -¿Como comezou con esta afición? -Emigrei a Suiza cando era novo, no ano 1969, para traballar como encofrador. Sen embargo, tempo despois tívenme que operar de dúas hernias discais, o que me incapacitou para voltar ao traballo. Nese momento, decidín que tiña que inverti-lo meu tempo en algo e as maquetas parecéronme unha boa idea. -¿Nunca se interesou por outros traballos de artesanía ou artísticos? -A verdade é que non. Valoro todo os traballos manuais, sen embargo, cada un ten o seu arte e o meu é esto. A pintura tamén me gusta, encántanme os cadros e as exposicións, pero non sería capaz de pintar; creo que para iso é mellor tomar clases e eu nunca o fixen. -¿Cantas maquetas ten polo momento? -Polo de agora teño dezaseis, pero continúo traballando nunha da ermida de Chamorro. Na mostra están as seis obras máis recentes xunto co da torre Eiffel, que contruín cando estaba emigrado. A maioría de cousiñas que fago son réplicas de igrexas da zona, aínda que tamén teño a torre de Hércules, horreos, algunha catedral... -¿E que materiais emprega para construílas? -Ao comezo empregaba mistos, pero ao chegar aquí descubrín unha pedra branda, o tobelo. Así, alterno os dous materiais xunto con madeira, lousa ou caña. -¿É este un traballo de pouco tempo? ¿Supón a mesma inversión de horas que a xente que se adica soamente a montar as pezas? -Pois a min ténme levado desde corenta horas ata trescentas e pico... Cada proxecto é un traballo de meses. Emprego moitísimo tempo e material. De feito, cheguei a usar 6.500 mistos. En canto aos que montan as pezas, non os entendo, porque para min iso lle quitaría todo o encanto.