«Non sei nin tocar un instrumento»

La Voz F.?F. | AS PONTES

FERROL

Entrevista | Jaime Vilaboy

23 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

«Eu non sei nin tocar un instrumento». Pero tampouco lle fixo falta a Jaime Vilaboy para fundar, sendo alcalde, o conservatorio de música en 1986, a Banda de Música de As Pontes en 1987 e a agrupación Amigos da Música no 91, da que sigue sendo o seu presidente. Por iso, entre outras cousas, as asociacións musicais da vila decidieron que xa era hora de facerlle unha homenaxe coincidindo coas celebracións da patroa, Santa Icía. -¿Como lle senta iso de ser o homenaxeado? -Estou satisfeito e agradecido aos músicos deste pobo. -¿Como foi iso de fundar unha banda sin ter nin idea de música? -Cando era novo, con 12 ou 13 anos, os meus pais levánronme ás festas de San Pedro de Enchousas en Somozas e alí vin unha banda por primeira vez. -¿E que tal? -Chamoume moito a atención, claro. Despois cando cheguei ao concello como concellal inauguramos a rúa Viveiro, e invitamos ao alcalde que veu coa banda. Pódese decir que aí empezou todo. No 85, xa como alcalde, empecei a traballar na banda, puxemos anuncios para contratar a un director, e non se presentou ninguén. Pero gracias á colaboración de Rogelio Grove, director do conservatorio de A Coruña, sacamos adiante a banda, que fixo os primeiros ensaios en xaneiro do 87. -Dezaoito anos despois, aí sigue de presidente. -Sigo, sigo. -¿E seguirá? -Non sei. Agora a banda xa anda sola despois de acadar a maioría de idade. -¿Que destacaría destos anos? -Aos seus catro directores: Herminio Prieto, Rodrigo López, Carlos Dombriz e Juan Bautista Bernat, que xa leva dez anos; aos máis de douscentos músicos que pasaron pola banda, e cousas como a recuperación do himno das Pontes e a creación do noso propio estandarte.