«Estamos afeitos a estar fóra»

La Voz F.?F. | FERROL

FERROL

Testimonio | José González Pardo Este pescador é de Burela, pero o seu barco e a tripulación son de Cariño; dí que a costeira do bonito é rentable, pero que o precio do gasóleo duplicouse con respecto ao ano pasado

04 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?osé González Pardo vive en Burela pero os dez tripulantes do seu volanteiro, Nueva Caprichosa, son de Cariño, onde tamén está a base do pesqueiro, a piques de zarpar para a costeira do bonito. -¿Para cando saída? -Pois, a ver, este fin de semana son as festas de Burela. Logo o martes non se pode sair... -¿Por que? -En martes nin te cases nin te embarques. É sagrado. -O mércores entón. ¿Como decide o rumbo? -Basámonos moito na xente vasca. Andas en pandillas, con xente coñecida que xa está no mar. Si alguén da señal de peixe, alí vamos. -Esta campaña obriga a pasar moito tempo fóra da casa, ¿como o levan? -Estamos afeitos a estar fóra. Co bonito podemos pasar dezaoito días seguidos no mar, e volves, descansas un pouco e volver sair. -¿É rentable o bonito? -O bonito é rentable porque ten poucos gastos de aparello. Cóllese con anzuelos, que é unha arte sinxela. O peor é o precio do gasóleo. -E logo, ¿non lles dan axudas pola subida? -Algo sí, pero é que este ano duplicouse o gasto anual polo combustible. O ano pasado estaba gastando sete millóns [de pesetas] e ao ritmo que vou voume poñer nos quince millóns.