Entrevista | Ana Muñiz Fontán
02 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.?iveu a política dende nova na súa casa, que para iso é filla de Elvira Fontán, concelleira durante doce anos, tamén responsable de Cultura, como agora o é a filla. Pero esta, Ana Muñiz, que só ten 28 anos, tranquiliza ós que pensen que recibeu algo así como unha herdanza. Recorda que ía na lista de Unidade por Narón no posto 13. «Nin eu ni ninguén pensaba que ía sair elexida, ata chorei cando o souben, non pensaba dedicarme á política. E son concelleira de Cultura porque é do que sei, son monitora de danza». Pero aquí está. -Para un concello como o de Narón é un fito ter esta escola e poder facela oficial. É a culminación de moitos anos de dedicación ao teatro e á formación de actores. -Porque o Padroado sempre tuvo escolas. -Sempre, e a proba está en todos os actores e actrices que agora forman parte de compañías profesionais. O da homologación é afianzar todo ese traballo. -Pero vostede non se limitou a consolidar o teatro. -Seguimos cos proxectos teatrais, pero tamén incorporamos a danza como espectáculo e vamos facer un curso a partir de xaneiro. Se vemos que hai interés, poderíamos crear unha escola. Tambén firmamos convenios co conservatorio para ofrecer concertos. Son cousas que se poden incorporar dentro do presuposto que temos. Pero o certo é que o que se estaba facendo está moi ben, e non o digo por miña nai, senón polos técnicos. -Tal vez se bote en falta máis atención ás artes plásticas. Apenas organizan exposicións. -Pero é por falta de infraestructura. Agora só temos o vestíbulo do auditorio, e non ten condicións para iso. Está previsto que no futuro Pazo da Cultura haiba salas de exposicións e incluso un museo no que amosaríamos todos os obxetos antigos, tradicionais, que levamos recollido ó longo dos anos. -¿E o Pazo da Cultura rematarase neste mandato, como pretenden o alcalde e vostede? -Eu espero que sí. En xeral, coa programación e coas infraestructuras, facemos moitos esforzos, pero casi todo se organiza co esforzo do pobo, cos cartos do Concello. Outros municipios reciben moitas más axudas que nós. En Ferrol a Xunta vai facer un auditorio. Nós fomos falar con varios conselleiros cun dosier no que explicábamos toda a programación, a escola de teatro, os proxectos, o premio María Casares que nos deron, a incorporación á rede nacional de teatros, na que só están as salas das grandes cidades galegas... E aínda así non conseguimos que nos concederan nengunha axuda para construir o novo teatro.