Entrevista | Os Tonechos Roberto Vilar é Tonecho; onte actuou para esta entrevista como portavoz do dúo humorístico de moda, que esta noite ofrece un espectáculo na vila dos Andrade
08 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Roberto Vilar é Tonecho; Víctor Fábregas, Tucho. Esta noite, a partires das doce e media, farán rir aos eumeses. A entrevista desenvolveuse onte por teléfono. Roberto fixo de portavoz do dúo humorístico de moda. -¿Que vai ver o público de Pontedeume? -Pois un espectáculo moi interactivo, no que subiremos xente ao escenario para meternos con ela. -¿E iso? -É o que lle gusta á xente, rirse dos demais. -¿A qué se dedican? -A iso, a facer rir á xente. -Xa, pero ¿que tipo de humor fan? -Non che sabería dicir, No noso humor hai cousas populares, surrealistas... por iso chegamos a tanta xente. -E a xente ben, ¿que pensará dos Tonechos? -Penso que tamén lles gustamos. Tamén hai xente nas aldeas á que non lle gustamos ¡eh! -Para falar con vostedes hai que contactar cunha axencia de Madrid. ¿Que significa iso? -Nada. -¿Nin que van dar o salto fora de Galicia? -Non o desbotamos. De momento, en novembro empezamos co noso programa propio na TVG. -¿E Gayoso? -É unha marabilla. -¿De onde sacan os seus personaxes? -De fixarte nas cousas e de coller aquilo que che interesa. -¿E de improvisación como andan? -Para improvisar hai que ter un bo guión. [O dúo Os Tonechos dispón de tres guionistas, entre eles Roberto e Víctor]. -Fóra do escenario ¿tamén son os Tonechos ou son seres aburridos? -Os actores teñen fama de ser aburridos, pero nosoutros somos pallasos, moi pallasos, tanto no escenario como fóra del. -E ¿de onde saíu o nome do grupo? -Soa ben ¿non? -E ¿xa cobran como estrelas? -Considerámonos ben pagados.