«Fraga está cruzado de brazos»

La Voz

FERROL

24 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Quintana amósase especialmente crítico co papel do presidente da Xunta na xestión desta crise. -¿Cal debería ser logo a actitude de Fraga? -Agora está a actuar pensando en que, canto peor vaia a cousa, máis argumentos terá logo en contra do Goberno central. O presidente da Xunta está cruzado de brazos, convencido de que unha acción agresiva a respecto do sector naval erosionará ao Goberno do Estado e ao partido que o sustenta, de xeito que el poida obter réditos partidistas. Debería de estar apostando polo complexo integral na ría de Ferrol, intentado unir a todas as forzas políticas galegas detrás desa alternativa e liderando á sociedade, que estaría disposta a colocarse detrás do seu presidente, se el actuase realmente como o presidente dunha nación. -¿Está a dicir que vostede marcharía detrás de Fraga nunha hipotética pancarta en defensa dos estaleiros galegos? -Fraga, para ser crible en calquera tipo de reivindicación a respecto do sectro naval, tería antes que pedir perdón á cidadanía galega e, sobre todo, á de Ferrol. Aznar veu facer un Consello de Ministros á Coruña no que prometeu que Ferrol podería facer construción naval civil. E Fraga, como presidente de Galicia, nin unha soa vez alzou a voz contra esa mentira, ese fraude.