O futuro de As Pontes

XOSÉ BIEITO COELLO

FERROL

TRIBUNA | O |

07 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O CONCELLO de As Pontes ten magníficas posibilidades de futuro, baseadas en feitos: 1º) A transformación dos catro grupos da Central Térmica de Endesa para consumir só carbón de importación. Esto, aínda que leva parello o peche da mina no 2008, garante a continuidade da central practicamente dunha maneira indefinida, reduce drasticamente a contaminación e mantén o traballo a moitos transportistas. 2º) A construcción dos grupos de ciclo combinado de gas e vapor por parte de Endesa, co que se consigue, aparte de crear postos de traballo, diversificar a producción de enerxía, igual que o fan os parques eólicos, tamén moi abundantes na zona. 3º) A construcción dunhas estradas dignas na bisbarra, despois de tantos retrasos. 4º) A diversificación industrial, con empresas como Einsa, Galparquet, LM Composites, Danigal, etcétera. 5º) As Pontes ó mellorar as estradas convértese nun centro industrial da bisbarra. 6º) O conxunto formado pola escombreira e o futuro lago artificial poden atraer turismo. Mais para que este futuro se materialice, fan falta outras cousas. A primeira, que as empresas autóctonas (Toxeiro, Cuíña, Severiano, Sanmartín...) aposten por este pobo. Segunda, que non se faga demagoxia co protocolo de Kioto e dende Madrid tomen medidas prexudiciais. Terceira, que Xunta e Deputación non sigan a marxinar a este Concello. Cuarta, que os políticos locais actúen coa coraxe, traballo e intelixencia necesario. E sexta (a máis importante), que os veciños deste pobo creamos en serio nese futuro, que o noso clima non é tan malo, que tamén temos praias formidables a trinta minutos e que vivir nas Pontes merece a pena.