Crónica | No territorio da nostalxia Coa demolición do edificio do Perla desaparece unha mítica sala, toda unha época, pero nace un lenda. Algo queda...
24 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.?eguramente vostedes tamén o lembrarán, e moitos, sen dúbida, mellor ca min, pero non me resisto -e perdón polo ataque de nostalxia- a darlle un adeus ao Perla, que tamén é parte da miña vida... Unha parte fundamental, miren, porque é a que se corresponde cos anos nos que aínda existían os soños, nos que aínda non os destruíra -tamén a eles- esa xustificación sen límites, esa máquina de esmagar á que ás veces se lle chama tempo. Agora non estou seguro, pero eu creo que foi no Perla, no restaurante, onde meus pais celebraron o convite da súa voda. E alí, naquel cine tan grande, no que eu miraba as carteleras cando meu padriño me levaba a levar o pan, vin a miña primeira película. Non recordo de qué era, pero saía un león polo medio...