O Boandanza colaborará co envío de libros ó Bierzo

R. Loureiro FERROL

FERROL

O clube fenés non cobrará as entradas do partido do sábado ós afeccionados que entreguen algún volume no polideportivo de San Valentín

26 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? campaña de recollida de libros galegos para O Bierzo, unha iniciativa que xa permitiu, durante as últimas semanas, reunir en Ferrol máis de 1.500 exemplares, contará esta semana cun novo apoio, o do clube Boandanza de Fene. O equipo de fútbol sala que preside Henrique Sanfiz regalará a entrada a todos os espectadores que o sábado, ás 18.30 horas, se presenten non pavillón polideportivo de San Valentín con algún volume escrito en lingua galega e o entreguen para colaborar no proxecto promovido por distintas entidades culturais da comarca.A idea deuse a coñecer onte, no Concello de Ferrol, nun acto no que estiveron representados, ademais do clube fenés, entidades como Medulio, a Mesa pola Normalización, Artabria, Vía Galego e o Ateneo Ferrolán. División de Prata No partido que enfrontará ó Consum Boandanza co Maga Vigo, encontro da máxima rivalidade ó tratarse de dous equipos galegos que militan na División de Prata de fútbol sala español, os promotores da campaña confían en reunir medio millar de libros. «Nós, con esta iniciativa -lembraron os impulsores do proxecto-, pretendemos contribuír a lograr un fondo bibliográfico para as escolas do Bierzo, nas que xa hai 350 estudiantes que reciben ensino de lingua galega en Primaria e Secundaria».«Nestes tempos de ambiente bélico e de coalicións militares -engadiron-, hai que formar unha gran coalición pola cultura, a lectura e o deporte, que son armas valiosísimas para impulsar a paz». Mentres, a campaña de recollida de libros tamén continúa en locales como Sargadelos, Artabria e a libreria Quijote.