«A poesía non se explica»

La Voz F.?F. | FERROL

FERROL

18 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

?Non é o meu ser protagonista». Pero foino. Daniel Salgado fixo de tripas corazón. Armouse de valor e recitou. Versos propios, do seu libro, o primeiro. Sucede chámase. Así agradeceu onte ó público de As Pontes a concesión do premio Uxío Novoneyra, convocado polo Concello. -¿Qué tal o seu discurso? -Bueno, non foi tal. Lin uns poemas meus e un de Novoneyra. -¿E de qué falan? -Pois sobre Bagdad e sobre Palestina. -¿E logo? -Porque os conflictos están de actualidade. -É un poeta comprometido, entón. -Cun poema non arreglas nada, non é un arma, como decía Celaya, pero sirve para expresar o que pensas. -Crear é complicado, pero a poesía parece que aínda máis, ¿non? -Todo é froito da lectura. Na casa había moita poesía e empecei a escribir. -Pero, ¿cómo escribe? ¿Hai que estar atormentado ou algo así? -Non, para nada. Ás veces ocúrreseme un verso e o anoto... É que, como decía Carlos Rivas, a poesía non se explica. -¿Para cando o segundo libro? -Vai tardar moito. -¿Quere ser como Pablo Neruda? -Non, sólo aspiro a escribir como él.Casa Dopeso encheuse de xente, aínda que a familia de Novoneyra non puido asistir á entrega do premio, consistente en 3.000 euros e a publicación do libro gañador.