«O edificio ten que ser un mirador para disfrutar do mar»

La Voz

FERROL

03 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Todavía non hai planos nin bocetos, pero o multiusos de Barallobre e Maniños xa ten forma e cores na imaxinación de César Portela. O prestixioso arquitecto -diseñador do recién inaugurado Museo do Mar de Vigo- asegura que a estética do edificio reflexará claramente o seu vencellamento á cultura mariñeira. E para conseguilo botará man de tres elementos: pedra, vidrio e metal. -O proxecto prevé a construcción dun multiusos para actividades marítimas, pero tamén cambiará o rostro dos peiraos de Maniños e Barallobre... -Así é. Pretendemos aproveitar a construcción do edificio para transformar toda a zona e abrila ó mar. Para iso conservaremos cousas boas, como o arbolado e os espacios verdes, e modificaremos outras, como os viais, que os integraremos nunha única peza na parte posterior do terreo, para deixar libre de tráfico a zona máis cercana á ribeira. -Os usos do edificio estarán vencellados ó mar. ¿E o seu aspecto? -O multiusos ten que aproveitarse deste entorno maravilloso e convertirse nun mirador para disfrutar do mar. Para iso utilizaremos a pedra e o metal e introduciremos moitos ventanais na fachada. Sen ser grandioso, será un edificio moderno, deste século. - O entorno do Museo do Mar de Vigo garda parecidos co espacio de Fene no que se construirá o multiusos. ¿Hai algún punto en común entre ambas construccións? - Cada edificio ten a súa propia personalidade, así que será unha construcción distinta. No multiusos buscamos un volumen no que se poidan integrar diferentes servicios.