«A política é para valentes»

R. S. FERROL

FERROL

Xoán Xosé Pita (BNG), concelleiro de Tráfico e Seguridade É, indirectamente, o responsable das multas e do guindastre. Unha tarea ingrata que Xoán Xosé Pita afrontaba por primeira vez en 1999. Apenas leva tres anos no Concello, non se considera político profesional e agora está seguro de que do seu labor vai quedar semente «veña quen veña». Podería ser el; dí que ten «valentía para continuar», pero tamén recoñece que houbo máis dunha dor de cabeza neste tempo. Mentres, pide que entre xente nova: «Non son partidiario de eternizarse no cargo».

12 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Dí que o seu traballo dá satisfaccións «porque está de cara ó público e ves os froitos positivos», pero tamén ve a outra cara: «Tivemos erros, si, pero fomos capaces de enmendalos a tempo neste departamento». -¿Que retos lle quedan neste ano de mandato? -O máis importante é seguir na liña de fluidez de tráfico e maior seguridade. E despois intentar que a policía estea para evitar feitos, que sexa un corpo preventivo antes que de acción. -¿Cre que a cidadanía está contenta co traballo que se fai neste departamento? -Está contenta pola seguridade, aínda que no tráfico hai que diferenciar fuidez e aparcamentos. Critícase a falla de prazas de aparcamento e aquí intentamos racionalizar o espacio. Pero o problema do estacionamento non é único de Ferrol. Logo, en en fluidez non hai queixa. -¿Cal foi o seu peor momento nesta tarea? -O inicio, porque chegaba de novo e non vivía a política dende dentro, que é algo totalmente diferente. Ó principio é un pouco duro, e máis se entras gobernando. Logo colles ritmo. Sempre acusas inexperiencia e máis nunha concellería na que ti nunca levas á práctica, porque ten moitos ámbitos de actuacións e é algo bastante complexo. -¿Dá máis satisfaccións ou dores de cabeza? -Sempre hai dores, e se non os tivera sería un inconscente. Despois dache unha gran satisfacción ver que funciona algo polo que apostaches. Pero teño máis grandes satisfaccións que penurias. -¿Quere seguir nun ano? -Polo resultado, merece a pena continuar pero non depende de min, senon da organización. Eu creo que en catro anos no te podes dar por realizado. A política, se entras, é para valentes. Unha vez que estiveches catro anos gobernando, con problemas e satisfaccións, hai que ter valentía para seguir outros catro porque nese tempo podes comprobar os resultados do teu traballo. Hai un traballo iniciado e o resultado vaise ver despois das vindeiras eleccións. E quero estar para velo persoalmente.