A utilidade da monarquía

ESPAÑA

08 ene 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A monarquía hoxe, como forma de Estado, só pode estar lexitimada pola tradición, pola historia e como fundamento de convivencia ou pacto político orixinal que a define. Como non é así en España está seriamente cuestionada pola imputación da infanta sumada ás pouco edificantes actividades e actitudes recentes do propio monarca e a súa familia. A monarquía vixente quixo fundarse exclusivamente na utilidade pero o utilitarismo pasou co tempo. Foise co vento. Cando os que fixeron a transición xa son minoría social e os contos e lendas do 23-F remiten a un país incrible, a utilidade da monarquía atopa problemas de explicación. Juan Carlos sucesor de Franco titulou La Voz de Galicia aos dous días da morte do ditador. Iso é o que fica cando se esvae a simple utilidade: unha lexitimidade que compite con outra fonte de lexitimidade, a das dúas repúblicas que houbo e que só fracasaron golpe de Estado mediante.