En circunstancias democráticas normais o 14-N tería que marcar un antes e un despois. Deberíase producir un cambio de rumbo nas políticas desenvolvidas dende o comezo da crise. Cando un número miles de cidadáns mostra de xeito tan claro e rotundo o seu rexeitamento tanto a un xeito de gobernar, baseado nas continuas mentiras, no deterioro da democracia, como a unhas políticas, que se apoian no axuste fiscal compulsivo que desmantela o Estado de benestar, dispara o desemprego e extrema as desigualdades. Cando isto sucede, o Goberno debe mudar de rumbo.
Hai que contar máis coa cidadanía, pois do contrario a situación económica, política e social pode acadar tal nivel de deterioro que pon en perigo a estabilidade social e moitas das conquistas democráticas. Non cabe outra lectura dos paros masivos e as impresionantes manifestacións. Cando un Goberno democrático se presenta as eleccións con un programa e, logo o muda de xeito radical, debe antes de proceder a elo consultar a cidadanía e aínda mais si ese programa beneficia a unha minoría e prexudica a maioría social. Onte a cidadanía dixo que a urxencia ten que ser o emprego, a xustiza fiscal e social, e deixar de atacar os salarios, a protección social e os servizos públicos. Dende as organizacións que formamos parte da CES, demandamos un contrato social para Europa, con un verdadeiro dialogo, e con unha política que favoreza o emprego de calidade e unha solidariedade económica entre os países europeos.
Más información en las páginas de local y en la de televisión