Aproveitando a conmemoración do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual da Humanidade, fixámonos, por exemplo, nesas dúas palabras clave que poden aplicarse tamén ao estudo da noticia e, nunha linguaxe simbólica, a qué facemos para conservar o que cada día aprendemos a través dos acontecementos diarios que se van convertendo tamén no noso pequeno patrimonio persoal de coñecementos.
26 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.1. ¿Como funciona o teu pensamento visual?
Os pensadores visuais funcionan mellor cando o material se lles presenta en diagramas de fluxo, liñas de tempo, filmes e demostracións.
- Os pensadores visuais tenden a ser espaciais e teñen bo ollo para o tamaño, o espazo e as relacións.
- Para conservar a información, a miúdo teñen que debuxala nun diagrama.
- Prefiren ver unha demostración física, visual no canto de que alguén lles explique en detalle como levar a cabo unha tarefa.
- O pensamento visual é holístico, fíxase no conxunto.
- Para traballar fíxanse no todo, e non van por partes e a saltos.
- A miúdo poden sentirse atafegados durante un tempo pola confusión, pero con frecuencia xórdelles de súpeto a comprensión do que estudan.
- Cando xorde a comprensión do material, o pensador holístico non só ve o panorama xeral, senón que ten unha perspectiva máis clara e creativa que outros pensadores.
- A miúdo, os pensadores holísticos necesitan máis tempo para entender a información que outros pensadores; pero a súa comprensión final é máis extensa.
2. ¿Como funciona o teu pensamento auditivo?
- O pensamento auditivo é secuencial, ordenado, paso a paso.
- Os pensadores auditivos teñen un bo sentido do tempo.
- Manexan mellor a resolución secuencial de problemas.
- Van estudando paso a paso para entender mellor o todo.
- Prefiren empezar polo concepto máis simple ou por unha parte dun problema, e traballar a través sobre as partes máis difíciles ata atopar a solución completa.
- Moitos profesores e instrutores son pensadores secuenciais.
- Por suposto, os pensadores auditivos funcionan máis eficientemente cando o material se lles presenta dunha forma audible.
- Para conservar ben a información recibida, a miúdo repítense en voz alta o que acaban de oír.
- Prefiren ter a alguén para explicarlle en detalle como realizar unha tarefa, en lugar de ver unha demostración física, visual do que oíron.
ACTIVIDADES
- Fíxate, por exemplo, na Noticia do día que todas as mañás, ás 9, se edita na web de Prensa-Escuela.
- Que tipo de exercicio che gustaría máis facer: algo auditivo de discusión -comunicación verbal- opinión ou algo visual. ¿Cal, por exemplo?
- Abre a seguinte ligazón e consulta as diversas variantes que poden darse en cada un de nós cando aprendemos algo da noticia e como gardamos o seu contido e o aplicamos ao noso fondo de coñecementos e actitudes.
- (Fonte: Dra. Linda Silverman Kreger: www.gifteddevelopment.com)