Buscamos noticias en La Voz de Galicia sobre o tema: desde o útero materno ata o difícil consenso, o chinés con acento galego, a protección oficial do Parlamento europeo e a cooficialidade das linguas. E o bebé que nace preguntando: «¿En que idioma queren que lles fale? Podo con dous ou tres, sen problema algún». ¡Que pena!
1. ÚTERO MATERNO
«Mamá, fálame, que te escoito»
(La Voz 13/1/2013) E é que as primeiras leccións de lingua empezan nunha aula moi especial: o útero materno. Un novo estudo realizado pola Universidade de Washington deixou claro que os bebés son capaces de diferenciar os sons do seu idioma nativo, fronte aos dunha lingua estranxeira, desde poucas horas despois de nacer. Estes recentemente nados escoitaron sons vocálicos tanto na súa lingua materna como noutras. A conclusión que sacaron é que en ambos os países os bebés succionaron máis tempo cando escoitaron o idioma estranxeiro que cando se trataba da lingua materna.
- ACTIVIDADES: A Unesco promove a instrución na lingua materna, no marco dunha estratexia docente bilingüe ou plurilingüe aplicable nos primeiros anos da vida, debido á súa importancia para sentar bases sólidas que faciliten a aprendizaxe.
- Todos os anos, polo menos 10 idiomas desaparecen. Considérase que unha lingua está en perigo cando a falan menos de 100.000 persoas.
2. A CONSULTA
A Mesa e Galicia Bilingüe enfróntanse en «Vía V»
(La Voz, 5/7/2013) A Mesa e Galicia Bilingüe enfróntanse en «Vía V» pola consulta do galego. Lago apoia que a Xunta consulte aos pais porque considera que «é o que se fai en todas as democracias, deixar que os pais eduquen os seus fillos en lingua materna». Callón ve «irónico que un Goberno que non escoita á sociedade faga esta pantomima para varrer o galego do mapa» e dixo que esta lingua non viviu «unha marxinalidade igual desde o franquismo». A representante de Galicia Bilingüe, que combinou o galego e o castelán nas súas intervencións, recordou que «Feijoo prometeu no 2009 que os pais poidesen escoller a lingua nas materias troncais, pero coa lei que existe non se pode facer».
- ACTIVIDADES: A Unesco define a educación bilingüe ou plurilingüe como «o uso de dous ou máis idiomas como medios de instrucción». En 1999 a organización adoptou o concepto de educación plurilingüe para referirse ao uso de polo menos tres idiomas na educación: a lingua materna, un idioma rexional ou nacional e unha lingua de ámbito internacional.
- Actualmente, das 6.000 ou 7.000 linguas do mundo, unhas 3.000 están en perigo de desaparición.
3. COOFICIALIDADE DE LINGUAS
Galego de Lugo para suecos
(La Voz, 17/4/2013) Unha xornalista mostrará nun programa a cooficialidade de linguas en Galicia. As conversacións mantidas onte polo médico de familia lucense Bernardino Pardo Teijeiro con varios dos seus pacientes na consulta do centro de saúde de Nadela, nos arredores de Lugo, servirán como exemplo para pór de manifesto as vantaxes e inconvenientes da cooficialidade de dúas linguas ante a audiencia dunha canle de televisión sueca. A redactora Kerstin Gustafsson Figueroa e o cámara de UR-Utbidningsradion Anders Kronborg levan dez días en España recollendo testemuños e imaxes en Cataluña, o País Vasco e Galicia para elaborar unha reportaxe.
- ACTIVIDADES: É probable que máis do 50 % dos case 7.000 idiomas que se falan no mundo desaparezan nunhas poucas xeracións e o 96 % deles son a lingua falada de apenas o 4 % da poboación mundial.
- Tan só uns poucos centenares de idiomas tiveron o privilexio de incorporarse aos sistemas educativos e ao dominio público, e menos dun centenar utilízanse no mundo dixital.
4. PROTECCIÓN DO PARLAMENTO EUROPEO
Eurodiputados instan a aprender la lengua minoritaria desde idade temperá
(La Voz, 19/6/2013) A Comisión de Cultura do Parlamento Europeo aprobou por unanimidade un informe para instar aos Gobernos a que protexan as linguas en risco de desaparición e promovan a súa aprendizaxe na escola desde a idade máis temperá. O informe recolle de modo explícito a importancia de que os idiomas minoritarios se ensinen na etapa preescolar. O acordo por unanimidade incluíu varias emendas de compromiso, unha delas a de instar aos Estados membros a que establezan políticas lingüísticas que permitan aos nenos aprender a lingua en perigo como lingua materna desde a máis temperá idade.
- ACTIVIDADES: O uso do idioma materno cos nenos pequenos no fogar ou nos centros de preescolar facilítalles a adquisición das nocións básicas de lectura e escritura na súa lingua materna e, posteriormente, a aprendizaxe dunha segunda lingua nunha fase superior da *escolaridad.
- Desde que o ser humano empezou a falar, unhas 30.000 linguas desapareceron.
5. HUI CHEN, ACENTO GALEGO
Clases que soan a chinés
(La Voz, 9/7/2013) Hui Chen ten 18 anos e fala con soltura cinco idiomas. Esta nova profesora imparte clases da súa lingua materna a un grupo de barbanceses que queren buscar un futuro mellor. Non todo o mundo sabe que para dicir noivo en chinés hai que unir dous termos: home e amigo. Un grupo de barbanceses en paro está descubrindo os enredos desta lingua que cada vez esixen máis empresas aos aspirantes a un posto de traballo. Algúns pais xa se puxeron en contacto coa entidade para que os seus fillos comecen canto antes, desde os 5 anos, a aprender un idioma que será clave no futuro.
- ACTIVIDADES: «Un Operación Triunfo para buscar o mellor estudante de español en China». É o contraste. Pero búscao con ese título no arquivo de La Voz. Din noutra noticia que, en 10 anos, 10 millóns de chineses falarán español.