Solidariedade 2013 nos colexios

> Jesús Garrido cursosrepeducador.es

ESCUELA

Eliximos só unas cantas noticias de solidariedade nos colexios e colocámoslle a cada unha delas un vídeo que pode acender un pouco a opinión de cada un no grupo, seguindo os 7 sinais da solidariedade como un valor permanente que levamos dentro: ¿en que nivel de considerar a solidariedade como un valor para nós estamos, ou simplemente, por ben que resulte o que facemos, quedamos só en actividades que, cando cesan, acabouse todo?

27 nov 2013 . Actualizado a las 11:47 h.

1. LIBROS

Miles de estudantes empezan o curso con libros prestados

(La Voz, 5/9/2013) Sabendo o esforzo que supón para moitos este desembolso e aproveitando para alimentar o espírito de reciclaxe nos alumnos, colexios, institutos e ANPA de toda Galicia, concentraron forzas para sacar adiante unha solución. E destaca a solidariedade das familias: «Algúns pais traían libros de varios cursos e dicían que non querían ningún outro a cambio, que se había xente que os necesitara máis ca eles que os levaran».

n LIBRE. ¿Inventamos algo que sexa libre ao que nos apuntamos uns cantos, aínda que sexa un grupo moi pequeno? O segredo está en que sexa libre para que a solidariedade de cada un se converta en valor.

n Oe o discurso do profe na película «¿É posible cambiar o mundo?» (http://bit.ly/reM7Rg).

3. PAN CON PAN E...

Bocadillos recheos de solidariedade

(La Voz, 5/3/2013) Boa parte dos alumnos do colexio dos Escolapios de Monforte comeron onte de bocadillo. É o menú do que no centro chamaron operación Bocadillo. Entre pais, alumnos e profesores, foron oitocentos os que se apuntaron a comer no patio do colexio outros tantos bocadillos solidarios. Si, solidarios. A idea é utilizar o diñeiro recadado (uns 2.000 euros) para custear o comedor e o material escolar das familias máis necesitadas do centro.

n ALTERNATIVAS. Para pór a proba o teu valor, é necesario demostrar que tes outras alternativas tamén gustosas e que renuncias a elas por compromiso con esa actividade solidaria. ¿Queres un exemplo, aínda que na clase se rían da idea?

n YouTube: «Empieza una cadena.avi» (http://bit.ly/OJ2Hiw).

2. CAMIÑOS

A solidariedade axuda a Jorge a camiña

(La Voz, 13/4/2013) «O fin solidario alcanzouse». Coa axuda do equipo de baloncesto e da asociación de pais de alumnos do colexio de infantil e primaria Valle-Inclán, de Perillo, Oleiros (A Coruña), conseguiron o obxectivo. Está claro que a solidariedade axuda a Jorge a camiñar.

n CONSECUENCIAS. Tes un gran cantidade de xente que se apunta e, sobre todo, se compromete a non fallar. É un gran sinal de que a solidariedade é un valor para ti.

n Cadea de favores en RTVE.es (http://bit.ly/16X72Hy).

5. OPERACIÓNS

Toda a solidariedade ceense para axudar a Lola

(La Voz, 5/2/2013) A idea xurdiu da ANPA do colexio Eugenio López, pero enseguida contaxiou á sociedade ceense: alumnos, pais, comercios, negocios de hostalería e incluso os sanitarios do hospital fixérona propia. Durante os últimos meses estiveron colleitando cada tapón de plástico para sufragar os tratamentos médicos de Lola, unha nena coruñesa nacida o 2 de decembro do 2008 que sofre unha grave enfermidade cerebral. A este gran movemento solidario sumáronse centenares de persoas en todo Cee.

n SATISFACCIÓN. Ás veces somos solidarios por compaixón, o cal está ben; pero o valor da solidariedade vai moito máis alá. A satisfacción está en axudar ao que o necesita, aínda que nos custe un pouco. ¿Que ves no exemplo?

n Cadea de favores. O vídeo que está a conmover ao mundo: (http://bit.ly/19BRg6Z).

6. MOEDEIROS

Redeaxuda crea un moedeiro solidario

(La Voz, 12/10/2013) A pesar de que a onda de solidariedade que levantou a crise ten unha marea constante durante todo o ano, o Nadal é a época na que por tradición maiores doazóns se producen cara a quen están a sentir en maior medida os efectos da actual situación económica. Dun lado, Redeaxuda volverá canalizar as doazóns de alimentos.

n PUBLICIDADE: De feito esta idea da cadea de favores estendeuse moitísimo e nun día pode chegar a máis de 200 persoas. ¿Que opinas desta experiencia e de que a solidariedade contaxia aos demais?

n Cadena de favores infinita (http://bit.ly/17ImUNS).

4. VISITAS

Cincocentos mozos solidarios

(La Voz, 21/1/ 2013) Escolares de ESO e bacharelato do colexio dos Maristas axudan en varios centros asistenciais desde hai 15 anos. Empezamos o día 12 de novembro de 1997. Desde entón foron «máis de 500 alumnos» os que participaron nesta iniciativa solidaria.

n ACCIÓN: ¿En cantos campos pódese traballar solidariamente? O feito variado desta noticia e o vídeo fálannos diso. ¿Que che parece? ¿Facemos unha lista de situacións de axuda?

n Cadea de favores, solidariedade: http://bit.ly/VNpIoa

7. O DISCURSO

Repetición

Un exemplo maxistral do famoso discurso de Cantinflas sobre o feito de que cada un é soamente solidario cos seus. ¿Coñécelo? Xenial. ¿Atreveríasche a repetir algo así, aínda que só sexa en clase, no colexio?

n Discurso completo: http://bit.ly/nm7Ld3.