12 jun 2013 . Actualizado a las 07:00 h.
1. Hai que dar por feito que sabemos situar aos nórdicos nun atlas, e iso implica coñecer algo do seu clima, da súa poboación e dos países veciños: Dinamarca foi invadida por Alemaña, por exemplo, e Finlandia foi primeiro sueca e logo rusa.
2. Aparcar en Helsinki custa 3 euros cada hora. ¿Canto custa aquí a ORA? ¿Por que crees que será tan caro aló?
3. O «skatt» é moi elevado. ¿Para que se queren eses impostos, tendo en conta que, por exemplo, a formación dos médicos e a sanidade española en xeral é moito mellor ca finlandesa? ¿É preferible non pagar ningún tipo de impostos? ¿Que pasaría entón?