1. Boa semana para seguir día a día o que pasa en Venezuela. Ten a seguridade de que constantemente van xurdir noticias, sobre todo porque haberá eleccións.
2. Por riba do personaxe, Hugo Chávez, Venezuela produce algo moi relevante. O seu prezo pode provocar ?e de feito xa provocou en máis dunha ocasión? unha crise
económica mundial que pode deixar pequena á actual. Que xa é dicir, por certo. ¿De que falamos?
3. A xeografía debe ser unha constante na vida: saber onde estou e saber onde están os outros. Hai que sinalar nun mapa sen dúbidas os países mencionados.
4. No texto principal cítase a figura de Francisco Franco Baamonde, ferrolán tamén chamado popularmente el Caudillo. Teus avós pódenche contar como se vivía baixo o seu goberno, xa que mandou 40 anos con man de ferro tras gañar a Guerra Civil de 1936-1939. ¿Eran libres os xornais no seu tempo? ¿Había liberdade de expresión? ¿As radios podían informar do que querían? ¿E cantas televisións había?
5. E, claro está, non queda outra que ir á páxina web de Reporteros sin Fronteras