-Poderase romper ese teito que ten o nacionalismo?
-Penso que no BNG vamos romper moitos teitos no futuro. Estou convencida e ilusionada co proxecto, hai unha remontada moi potente e vamos seguir sumando coa man tendida para toda a xente que quere construír en positivo.
-Ana Miranda fíxose oír en Bruxelas cun escano compartido. Cal foi a clave?
-Fíxose un gran traballo e non foi un escano só do BNG, senón de Galicia, que lle dou voz a plataformas ambientais, ás vítimas de Angrois, ao sector do mar, ao agro... Un traballo moi importante recoñecido por todo o mundo e que estou certa de que vai ter o aval das urnas.