«A Universidade non é unha FP avanzada»

La Voz

EDUCACIÓN

22 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O manifesto vai ser difundido na semana próxima nas universidades galegas e utilizarán a rede para solicitar adherentes ao documento. Alén diso «estamos en batallas en diferentes ámbitos, como a negociación do Estatuto do Profesorado ou buscar acordos con outros colectivos do resto do Estado», indica Alba Nogueira.

-¿Que implica o Estatuto do Profesorado?

-O texto que se negocia permite que os estudantes de doutoramento dean aulas, co que a docencia vai ser peor. Para compensar a precariedade abre a vía de poder compartir a docencia en varias universidades públicas, mesmo en públicas e privadas; e transferir coñecementos a través de ofrecer servizos equivalentes a unha empresa, con pouco valor acrecentado de coñecemento, facilitando excedencias para a incorporación á empresa privada. Nós entendemos que non se pode converter a universidade nunha gran consultora ou empresa de servizos, a investigación non debe estar condicionada pola necesidade de captar financiamento. Todo iso fomenta que en lugar de dar ben as aulas e investigar como é debido haxa profesorado que se dedique máis á procura de negocios.

-¿Que mudanzas precisa a Universidade que non contemple o proceso de Boloña?

-Hai que pensar o que se quere facer. Estaría ben un ensino máis práctico e máis achegado ao mercado laboral, aínda que hai que ter en conta que a Universidade non é unha FP avanzada. Un titulado universitario debe estar capacitado para un posto de traballo; iso non significa que ao día seguinte da licenciatura podan traballar, ten que haber un proceso de formación segundo a empresa á que se incorpore; aínda que teña flexibilidade para se poder adaptar, e para iso debe ter unha formación seria e sólida. As necesidades do mercado laboral son moi cambiantes, e Boloña tamén non mellora a adaptación cos novos títulos.

-Coincide o lanzamento da Plataforma coa dimisión dun vicerreitor da USC.

-Coincide no tempo, aínda que non temos nada que ver; ningún dos promotores que asinamos o manifesto pertence a Universidade Aberta.