A Casares desenvolve un foro de reflexión sobre linguas e sociedades na Universidade

La Voz LA VOZ | VIGO

EDUCACIÓN

20 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

A Fundación Carlos Casares desenvolve hoxe, no edificio Miralles do campus universitario, un foro de reflexión ao redor do título Diálogos sobre linguas e sociedades . Desde as 9.30 horas, se sucederán catro sesión, candansúa dirixida por profesores universitarios de diferentes universidades do mundo. A primeira sesión leva por título Norma lingüística e idoloxías , e o encargado de dirixila é Marcos Bagno, profesor titular do Departamento de Lingüística da Universidade de Brasilia. A partir das doce do mediodía, comezará a sesión titulada Normalización lingüística: identidade e diversidade, dirixida por Henrique Monteagudo, profesor titular de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Catro sesións No programa da tarde, José del Valle, profesor titular no programa de linguas e literaturas hispánicas e lusobrasileiras na City University of New York, desenvolverá a sesión adicada a o español como problema ideolóxico. A xornada rematará cunha sessión titulada O purismo lingüístico, unha doenza superable? Neste caso, Gabriel Rei-Doval, profesor titular de Sociolingüística Hispánica en la Universidade de Wisconsin, vai ser o encargado de dirixir a sesión. Coordinarán Anxo M. Lorenzo e Hakan Casares. A asistencia a esta xornada é libre até completar a capacidade da sala, aínda que os interesados deberán comunicar a súa participación á Fundación Carlos Casares. Esta xornada de reflexión lingüística está organizada pola Fundación Carlos Casares coa colaboración da Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Relacións Institucionais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.