DESDE EL ADARVE
04 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A REFORMA dos estudios universitarios está en marcha ante a posta en funcionamento dos postulados que marcou Bolonia. As universidades do futuro, e a súa docencia, non terán nada que ver coa actual nin co que ata o de agora entendemos por estudios superiores. Non só no referente a carreiras de catro anos en vez dos cinco actuais, senón a unha maneira nova de entender a universidade. A perda de alumnos é constante (natalidade, formación profesional interesante), polo que os rectorados deben buscar fórmulas para manter as cotas de matrículas, e así, os cartos públicos para soster un sistema docente e de investigación. Por iso, comezan as preocupacións por mellorar a formación dos estudiantes, por ofrecer uns servicios adecuados, en definitiva, por mellorar a competitividade dunha universidade con outra. O resultado final debería ser unha universidade mellor. Xa o veremos.