Un maio para O Carrabouxo

JESÚS M. GARCÍA OURENSE

EDUCACIÓN

Ourense celebra dende mañá ate o 24 varios homenaxes ó autor do coñecido personaxe humorístico A cidade de Ourense vai adicar este mes de maio ó humor de Xosé Lois González, autor de O Carrabouxo. O Concello porá en marcha dende mañá un programa amplo que conta coa colaboura da Universidade de Vigo, do Concello de Allariz, da Deputación e das máis importantes asociacións culturais da capital da provincia ademáis do Museo do Humor de Fene, «A Nosa Terra», «La Región», e os suplementos humorísticos «O farelo», de «A peneira» e «Xatentendo.com» de La Voz de Galicia.

30 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Dende mañá serán quince as actividades de toda clase que se van celebrar en Ourense para suliña-la traxectoria do autor do Carrabouxo Exposicións, mesas redondas, publicacións, teatro, baile e unha cea de homenaxe a Xosé Lois. E por se fose pouco, o Concello de Ourense porá unha estatua xigante deste personaxe tan especial feita en bronce, obra de César Lombera, na parte superior do Parque de San Lázaro. A imaxe terá 2,20 metros de alta. Xosé Lois está sorprendido por esta reacción social: «Eu esperaba facer unha exposición pola miña conta para celebrar estes vinte anos e en vez diso sairon seis ou sete exposicións, algo tremendo». Mañá mesmo, ata o 31, abrese a mostra Fala galego. Son 36 debuxos do Carrabouxo, na sede de Amencer. Tamén se abre outra mostra de viñetas sobre ensino e universidade, na Facultade de Ciencias da Educación. Na Casa da Xuventude escomenza mañá unha mostra de carteis, camisetas e obxectos sobre O Carrabouxo. Pero non acaba aquí a cousa.