Francisco Candia, profesor contratado da Escola de Maxisterio de Lugo Francisco Candia asistiu onte á manifestación en compaña doutros docentes que imparten clase no campus de Lugo. Amosa a súa desconfianza ante a aplicación da Lei Orgánica de Universidades, e como docente contratado na Escola de Maxisterio de Lugo lamenta que os órganos colexiados, «conquista da vella LRU», perdan poder ante os unipersoais. Candia califica a lei de «retrógrada».
07 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Francisco Candia é un de tantos profesores que traballan como personal contratado no campus de Lugo. Adícase á docencia, na Escola de Maxisterio. Onte acudiu á manifestación para rexeitar a LOU, xunto con outros compañeiros de traballo e tamén con moitos alumnos ós que lles da clase cada día. -¿Qué enmendas presentaría á LOU no Senado? -Estou totalmente en desacordo con que a LOU defenda a primacía dos órganos unipersoais, fronte ós órganos colexiados, que foron unha conquista clara da LRU. Corremos a sorte de que imperen as vellas escolas, dirixidas por personal antigo das universidades, e que se decida o envío de profesores con menos antigüidade desde as universidades centrais ás periféricas. Creo que pediría a conversión de personal da LRU ás novidades que impón a nova lei, a Lei Orgánica de Universidades. -¿Como califica a lei? -A nova lei é retrógrada, e estará controlada polo poder político e central, que non o académico. Tamén cambiará a figura do rector. As universidades máis novas e os campus con máis profesores, van a estar máis afectados. -¿Cantos profesores contratados hai no campus lucense? -Non sabería precisar a cantidade exacta de personal que imparte clases. Só sei que o campus de Lugo ten contratado ó redor do corenta por cento do profesorado.