A Casa da Cultura de Rodeiro acolleu onte un curso sobre o aproveitamento de vexetais A Casa da Cultura de Rodeiro acolleu onte un obradoiro sobre os usos e os distintos aproveitamentos das plantas. Unha charla, que se enmarca dentro do Programa de Educación Ambiental da Consellería de Medioambiente, na que os asistentes puideron ver unha mostra de plantas mediciñais e asistir ó proceso de tinguir tecidos con tintes vexetais silvestres. Falouse tamén dos usos menos coñecidos das plantas.
20 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.A Consellería de Medioambiente está a desenvolver en Galicia un Programa de Educación Ambiental. Programa que consta de obradoiros, charlas e conferencias sobre diversas cuestións relacionadas co medioambiente. Onte, en Rodeiro, falouse do uso e aproveitamento de plantas. O obradoiro, impartido por Marta Lois Silva e Manuel Domínguez Rey, comenzou ás seis do serán na Casa da Cultura. Os presentes puideron ver cómo se tinguen tecidos con ortigas ou moras. «É un proceso sinxelo pero é preciso dispoñer de lá de verdade e cocela con alume antes de tinguila», explicou Manuel Domínguez. Amosouse ó público presente unha mostra de plantas mediciñais. «Unhas plantas que se están a recuperar no rural porque, cada vez máis, vóltase ó natural é no rural podemos decir que hai unhas quince que se coñecen e se cultivan». O uso da calabaza peregrina, a que ten forma de pera, foi outro dos temas que despertou o interese dos presentes. «Era utilizada como regadeira, como porrón ou para o mate e foi unha das primeiras plantas que cultivou o ser humán», dixo Domínguez.