A Coruña acolle un simposio sobre a lexicografía galega

REDACCIÓN A CORUÑA

EDUCACIÓN

Panorama da historia da lexicografía galega. Este foi o tema da conferencia coa que José Luis Pensado, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Salamanca, abreu onte o primeiro Simposio de Lexicografía Galega que se celebra na Facultade de Filoloxía da Coruña.

20 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

Expertos en diccionarios de toda España analizarán ata o vindeiro venres a elaboración de diccionarios e o seu futuro. A primeira xornada estivo centrada na lexicografía bilingüe, e nela interviron os profesores Luis Iglesias Rábade e Isabel González. As distintas intervencións, que hoxe terán lugar na Real Academia Galega, están divididas en seis apartados temáticos: historia da lexicografía galega, o seu uso dende as institucións, a lexicografía galega editorial, o tratamento do léxico, os repertorios especializados e a metodoloxía da realización de diccionarios. A clausura do simposio terá lugar o venres, día 24, ás 19.30 horas.