Carlos Brea cultiva lúpulo nunha plantación propia situada na parroquia lalinense de Lagazós
19 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Botan man dos mellores ingredientes para elaborar cervexas de gran calidade. Na parroquia de Lagazós, en Lalín, enraizou un proxecto moi persoal que desembocou en Toupiña, a primeira cervexa artesá e ecolóxica de Galicia. O seu fundador, Carlos Brea, tirou da figura do seu tío, Toupa, a través do seu nome, para renderlle tributo. «A filosofía do proxecto comezou no 2011 ca plantación de lúpulo. Empezamos pensando nel porque foi quen nos ensinou a traballar as terras, todo coas mans, sen ter ningún tipo de axuda externa». Un traballo purista que aínda conservan, mantendo unha praxe manual: «Hai moita man de obra e iso nótase, todos son produtos naturais de máxima calidade». En España, destaca, «só somos dous os produtores que producimos e transformamos a nosa materia prima».
Sen perder un ápice de autenticidade, o proxecto de elaboración de cervexas baixo o paraugas de Toupiña non deixou de medrar. Así, o ano pasado inauguraban novas instalacións con área de degustación e de formación. Sobre os próximos pasos a dar, Brea avanza que «imos rematar unhas obras que estamos facendo para ampliar un comedor, tamén unha cociña industrial para poder dar comidas para os eventos e showcookings, e quero escribir un libro de Toupiña para nenos». Para desenvolver ese e o resto de proxectos, Brea conta co respaldo de BBVA: «Sempre puxeron facilidades e volveron facelo para ter as novas instalacións. Espero que sigamos da man moitos anos máis».
Valorar o carácter sostible dos proxectos e o impacto no territorio son dúas das cuestións que máis valora o BBVA á hora de impulsar e dar visibilidade aos proxectos que lle chegan. «En BBVA cremos que o sector agroalimentario é un dos piares máis importantes que temos en Galicia. Queremos levar da nosa man a todas esas empresas emprendedoras, con todos os proxectos que teñan en mente. Pola nosa banda, temos un equipo de especialistas no sector agroalimentario, adaptando as solucións a cada proxecto. Isto, sumado á cercanía de ter oficinas en todo o territorio, é clave para apoiar ás empresas que, como esta, nacen no rural», subliña José Mejuto, xestor de pemes de BBVA en Lalín. Iso, sen esquecer a importancia de imprimir capacidade financeira ás diferentes compañías coas que traballan.
Un percorrido man a man, que continúa, cun horizonte amplo e exitoso no que afortunadamente aínda non se albisca o fin.