Prezos estables no mercado de gando de Amio

La Voz

ECONOMÍA

O mercado de gando de Amio, en Santiago, caracterizouse na xornada de onte pola estabilidade dos prezos en tódolos tipos. Lactantes, descalostrados e destetados rexistraron os mesmos valores da semana pasada, tanto en rubia galega, como en cruces e frisona. Os prezos mantivéronse tamén na tenreira de menos de 300 quilogramos, xatos e vacún maior e menor. O único descenso do día produciuse na Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, que baixou a súa cotización en 0,05 euros por quilo con respecto á semana do 9 de septembro. Ó recinto ferial concorreron un total de 3.386 reses, 121 menos que a semana pasada.