«Esta novela é un triángulo de prosa poética cunha intriga»

amelia ferreiroa

VILA DE CRUCES

Oscar Vázquez

A escritora viguesa ten no seu haber numerosas obras que van dirixidas a público infantil, xuvenil e adulto,

03 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Fundación Neira Vilas (Gres-Vila de Cruces) • Hoxe venres • 19 horas • A entrega do Premio Xosé Neira Vilas de novela curta á escritora viguesa An Alfaya na sede da fundación, e a celebración do Día de Neira Vilas, ás 21 horas con intervencións e actuación da Coral de Habaneras Rocha Forte, co tenor Cesáreo Torres e o guitarrista Rafa Otero no auditorio Xosé Casal levaranse a cabo hoxe coincidindo co 89 aniversario do nacemento de Neira, o escritor de Gres que An Alfaya coñeceu -lembrou- en Beade.

-Tiven a fortuna de presentar a Neira Vilas alí onde vivo xunto con Anisia Miranda...

-Que significa este premio?

-Un premio sempre é unha celebración. Cando un se presenta sempre o fai coas expectativas de gañar, e cando recibe a chamada en que se lle comunica ese feito, só hai alegría.

-O xurado salientou a súa capacidade de tecer unha historia de intriga na que a linguaxe é protagonista.

-Que destaquen o papel da linguaxe é de agradecer. A ferramenta coa que traballamos os escritores é precisamente a palabra. Eu procuro chegar coas menos palabras posibles a contar o argumento dunha historia e que o lector o disfrute, vaia saboreando cada recendo, cada palabra, cada liña á marxe do propio argumento da historia. O importante é que a palabra teña o seu protagonismo.

-«O home de negro» é o título desta novela, ¿que agocha?

-É un personaxe en creación. Se establece un xogo entre a creadora e o personaxe que está dentro da pantalla do ordenador e introduce ao lector dentro da historia. É un triángulo dunha prosa poética que pasa por unha intriga.

-Metida en novos proxectos?

-A miña cabeza é unha ola sempre fervendo e xa estou traballando en historias.