TRIBUNA PÚBLICA | O |
18 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NESTE DÍA donde aprendemos que Vila de Cruces ten a dorosa honra de pertencer o ranking de concellos con menos puxanza de Galicia quería facer as siguientes observacións. Cando se dará cuenta o noso rexidor municipal que o futuro do noso pobo pasa polos xoves e polo desenvolvemento económico. O inmenso respeto que teño polos nosos maiores non quita a miña inquietude á hora de ver que os xoves cruceños son condenados a coidarlos para evitar o paro, ou a emigración. Señor alcalde, ¿cando veremos a súa faceta de home político moderno? ¿Cando veremos esa característica de político de futuro que tanto gusta aos membros do seu partido? ¿o será vostede un infiltrado?. «No future», ese lema que tanto gustou aos xoves nos anos 70 podería ser de novo en Vila de Cruces. Ese lema perfectamente podería axustarse á súa imaxe, que tanto intenta esconder detrás da inauguración de moles de hormigón a golpes de racións de polvo e boas caras. De nada sirve inaugurar casas de terceira idade se os nosos maiores son condenados a quedarse sós, sen a presencia dos seus netos. Estamos cansados de ver tantas pedras inauguradas, que reflexan o seu inmóvilismo, queremos inaugurar crecemento, ese crecemento que anque non poida sair na foto sí que nos aportaría moito.