DESDE EL ADARVE
13 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.AÍNDA non coñezo ben os motivos que obrigaron aos veciños de Vila de Cruces a parar unhas obras no vial que enlaza con Arzúa. Non entendo se a protesta foi por unha arroutada ou porque realmente estaban cansos de que lles tomasen o pelo. As maneiras non son moi correctas, pero o que ninguén dubida a estas alturas é de que foron tan eficientes que obrigaron mesmo a intermediar ata ao conselleiro de Política Territorial. Temos claro que non se trata dun caso illado, nen sequera de que fora o primeiro, pero, por fin descobrimos que a xente xa non ten medo nen a poñerse diante dunha máquina para frear unha obra nen a dar a cara ante o alcalde ou responsable político de turno. Iso é bo. E máis nos tempos que corren. Os políticos teñen que dar máis explicacións das que viñan dando e non é ocasión de perder o tempo. Sempre os hai disponibles para o reemprazo.