O programa MoVEMOS Silleda continúa o venres 17 nas Pedrosas

j. p. LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

14 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa cultural de verán no municipio de Silleda, baixo o lema MoVEMOS, continúa as súas actividades a partir do vindeiro venres 17. Ese día, a cooperativa de lecer e turismo Amarelas dirixirá un baño de bosque no parque municipal das Pedrosas.

Esta proposta, que terá lugar de 18.00 a 22.00 horas, estará dirixida por unha guía certificada que lles ensinará aos asistentes a concentrarse nos sons e sensacións do entorno natural. As prazas deste plan de desconexión na natureza son limitadas, polo que aqueles interesados deberán chamar ao 986 580 000.

Así mesmo, o sábado 18 comeza o ciclo Músicas no mosteiro, en Carboeiro, no que as madeiras da Banda municipal de Silleda abrirán un concerto previsto para as 20.30 horas, con aforo limitado. Ademais, a partir das 12.30 horas do domingo 19 haberá dobre sesión vermú en Silleda e en Bandeira, tamén con actuacións musicais.