O Lacón atrae a máis dun milleiro de comensais


A vixésima edición da Festa do Lacón de Silleda enfila a recta final de cara a súa celebración este venres. Unha cita gastronómica á que voltan veciños, pandillas de amigos e familias do municipio e doutros rincóns. «Algúns grupos levan dende o nacemento do festexo vindo e outros dez ou quince anos», sentencia o presidente da Asociación do Lacón Luis González Abal.

Un colectivo nado oito anos atrás para seguir traballando por unha festa que nacía da man dun grupo de banqueiros e axentes de seguros, gremio que se fixera cargo das festas de verán de Silleda naquel ano. «Penso que acertaron e proba é que seguimos facendo esta festa e promocionando un produto moi importante para o municipio», remacha González. Algo máis de mil douscentos comensais darán boa conta dos 240 lacóns encargados pola organización, 135 asados e 115 cocidos, na cea desta venres na que se lle tributará un sentido homenaxe a dúas persoas que impulsaron a festa; «Pepe e Ricardo do Bodegón de Esther e do Restaurante Ricardo que traballaron moito por esta festa».

Haberá degustación de lacón, en colaboración co Concello e Zurich Silleda ás 14 horas, «aberta a veciños, peregrinos e público en xeral» e varias actuacións musicais ao longo de toda a xornada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O Lacón atrae a máis dun milleiro de comensais