O equipo de Bermés lévase a Copa Concello de Silleda

La Voz

SILLEDA

26 ago 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O Silleda fixo bo o seu papel de favorito e onte levouse a I Copa Concello de Silleda, logo de vencer 3-0 o Bandeira no primeiro partido e de rematar 0-0 co Laro no último. Polo medio, Bandeira e Laro asinaron un 1-1. Por outra banda, o equipo feminino do Silleda preséntase hoxe ás 12 no Outeiriño cun amigable ante o tamén recén creado Atlético Melide.