O Kung Fu Vila de Cruces compite no Campionato Provincial por Equipos

La Voz LA VOZ | LALÍN

SILLEDA

26 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O plantel do Club de Kung Fu Vila de Cruces iniciará mañá a tempada 2006 en Tui coa súa participación no Campionato Provincial por Equipos. Xurdido hai 20 anos no seo da Asociación Cultural Tras San Xoán, da que segue a formar parte, a entidade cruceña está adscrita á modalidade de Di Som e na actualidade conta con tres equipos: azul alevín, formado por Fernán Souto, Natalia Santiso e Belén Parcero, amarelo infantil, composto por Rafael Inacio, Gabriela Inacio, Manuel Botana, Martín Pulleiro e Fran Galego, e un azul infantil, integrado por Raquel López, Lúa Souto, Anxo Rey, Silvia López e Belén López. Os tres tentarán acadar en Tui a clasificación para a disputa do Campionato Galego de Kung Fu Di Som. Ademais dos seus equipos, o Kung Fu Vila de Cruces contará con gran parte dos seus deportistas no Campionato Provincial Individual, aínda sen data e con Silleda e Arteixo como posibles escenarios. Páxina web Por outro lado, o club dezao vén de anunciar a posta en marcha da súa páxina web, www.kungfuviladecruces.galeon.com. Os responsables da entidade prentenden converter esta dirección nun punto de encontro de tódolos amantes do kung fu e un espacio de intercambio de experiencias, con especial atención á especialidade de Di Som.