Catorce equipos da zona competirán nas Copas do Sar e do Deza

La Voz

SILLEDA

07 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

? piques de concluir as competicións ligueiras de Segunda e de Terceira Rexional, a delegación compostelana da Federación Galega sorteou xa os emparellamentos das Copas do Sar e do Deza. En cada unha delas haberá sete equipos da zona, que debutarán o vindeiro 25 de abril. Na do Sar, os cruces con representantes locais son, a partido único: Berres-Tordoia; Dubra-Piloño; Silleda-Carcacía; Esclavitud-Estudiantil; Cordeiro-Bandeira; e Laro-Callobre. Na Copa do Deza, mediranse nos cuartos de final, a dobre volta: Dozón-Silleda; Donramiro-Vilatuxe; e Lamela-Cruces. O gañador desta última eliminatoria enfrontarase nas semifinais co Rodeiro.