As traballadoras do SAF do concello de Rodeiro: sin nada que celebrar este 8M

La Voz

RODEIRO

06 mar 2026 . Actualizado a las 12:26 h.

Recentemente dende CC.OO. vímonos na obriga de denunciar públicamente a situación de fenda de xénero salarial que están a sufrir as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do concello de Rodeiro, ao negarlles o goberno municipal o dereito ao cobro dos atrasos salariais do ano 2025, que deberían percibir pola súa condición de empregadas públicas. Atrasos que cobraron a totalidade dos empregados públicos de tódalas Administracions de España, como consecuencia de que no ano 2025 ainda non tiveran incremento salarial.

Hai dous feitos que definen a perfección a situación de discriminación e de fenda de xénero destas traballadoras: son as únicas afectadas pola aplicación do Salario Mínimo Interprofesional ( o resto do persoal do concello ten retribucions superiores ), e porque non se lle aplica o mesmo sistema retributivo que o outro persoal do concello.

Calquera persoa que considere que a igualdade é un dereito, tamén a igualdade salarial, ainda que non teña unha concepción feminista, chegaría á conclusión de que a situación das traballadoras do SAF de Rodeiro resulta insoportablemente discriminatoria, menos para o propio Alcalde de Rodeiro quen no último Pleno da Corporación tivo os bemoles de afirmar que estas traballadoras tiveran un incremento do 60% das súas retribucions dende que goberna en España Pedro Sánchez… e por encima despois desta falsa afirmación quedouse tan tranquilo.

En relación co anterior, ao alcalde Camiñas, teño que decirlle que non se lle pode faltar ao respeto a unhas traballadoras que cumplen con un cometido profesional que xenera un importante benestar social na comunidade.

As traballadoras do SAF de Rodeiro percibiron no seu salario base do ano 2024, 22 euros mensuais mais que o SMI dese ano, e foi no ano 2025, cando se lle reduxo o seu salario base e éste quedou por debaixo do SMI, polo tanto foi él e os grupos que gobernan Rodeiro quenes empeoraron o salario destas traballadoras, por elo Sr. Camiñas suxírolle que deixe ao Presidente Sánchez co seu ( que bastante ten ), e que asuma as súas responsabilidades como propias, e non siga matinando en considerar que estas traballadoras están moi ben retribuidas, porque vostede o que está tratando é de enganar a veciñanza.

 Nin dende a óptica da igualdade, que dí defender o partido do que vostede forma parte; nin dende a condición de “obreiro” que conforman as siglas do PSOE, nin dende os postulados feministas, que tamén promulga o seu partido, ten acubillo unha posición tan antiigualitaria e mesmo reaccionaria que o alcalde de Rodeiro mantén.

Pero é que ademais, o mais grave é que esta posición do alcalde se mantén por convicción, non porque responda a unha situación orzamentaria precaria do concello de Rodeiro, xa que segundo os últimos datos o concello dispón de efectivos financieiros por importe de 715.814 euros.

 Na vida, no sindicalismo, na política existe un factor fundamental para valorar a credibilidade das persoas: a coherencia entre os principios ideológicos que un dí defender e as prácticas concretas, e nesta cuestión o Sr. Camiñas saca un supenso clamoroso. Pero tamén quero decirlle que mais aló do 8 de marzo a loita pola igualdade e a loita contra a discriminación salarial no concello de Rodeiro continuará.