Os nenos tomarán parte en obradoiros e desprazaranse a Carral, Barbanza e ós Cañóns do Sil
29 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O Concello de Rodeiro presentou onte o terceiro campamento urbán que se desenrolará do 2 ó 12 de xullo e ó que asistirán uns corenta nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. O campamento urbán deste ano presenta importantes novidades respecto ós dous anteriores anos xa que se buscou un ampla diversidade na programación do mesmo con obradoiros e excursións por Galicia para que os cativos tamén coñezan lugares de interese, segundo o explicou en Onda Cero Lalín o concelleiro de Cultura, José Luis Fernández Fafián. Tres monitores serán os encargados de supervisar tódalas actividades que se desenrolen ó longo dos vindeiros días e acompañarán os rapaces nos desprazamentos que se prevén levar a cabo. O primeiro día do campamento urbán, este martes, estará adicado ós xogos, ós talleres, á piscina e a primeira toma de contacto entre tódolos participantes. As seguintes dúas xornadas serán moi semellantes mentras que o venres será un día para practicar remo no encoro de Os Peares. A primeira excursión deste campamento está fixada para o vindeiro sábado. Os cativos desprazaranse cos seus monitores a Barbanza onde visitarán as Dunas de Corrubedo e o Castro Baroña. O luns, 8 de xullo, estarán en Carral onde terán a oportunidade de ver o conxunto etnográfico da vila, Cerceda e o aquapark. O último desprazamento será ós Cañóns do Sil con percorrido en catamarán polos mismos. Esta excursión levarase a cabo o 10 de xullo, mércores. Os cativos que tomen parte neste terceiro campamento urbán de Rodeiro tamén realizarán rutas de sendeirismo polo municipio co gallo de coñecer mellor as paraxes do municipio. As actividades deste campamento rematarán o día 12, venres, cunha gran festa de despedida.