A parroquia lalinense recupera o xantar veciñal que se celebrará o 1 de maio
30 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A parroquia lalinense de Goiás, coas súas máis de 200 vivendas habitadas, acaba de emular o programa das festas de As Dores na capital comarcal, ao pechar cinco días de festexos que comenzan hoxe e ata o domingo, para honrar a San Miguel e San Antón.
Detrás desa novidosa aposta están catro veciños da parroquia, que forman a comisión organizadora e que empezaron a deseñar un programa de dous días de festas que acabaron finalmente en cinco xornadas de celebración.
O recoñecemento dos santos Miguel e Antón, que tradicionalmente se facía en setembro foi trasladado ata a primavera, a maio, para fuxir da chuvia. O que se mantén viva é a poxa da carne dominical e un xantar veciñal que se recupera para a ocasión.
A discoteca móvil Pirámide XL engargarase de abrir esta noite o amplo programa de troula. Coincidindo coa festividade do primeiro de maio, e baixo o nome de Xantar do Traballador, a comisión pechou unha gran churrascada á que se prevé asistan máis de 200 persoas.
«Na parroquia celebrábase antes unha comida veciñal no outono, e o que pretendemos é recuperala e mantela no tempo», explican desde a comisión. UN xantar ao que lle seguirá unha programación de tarde coas actuacións da discoteca móvil Pirámide XL e a orquestra Panorama City. Os días 2 e 3 de maio, venres e sábado, serán enimientemente musicais con verbenas coas orquestras Cinema e Marbella o venres, e Kubo e Os Españoles o sábado.
As festas terán o seu punto final o domingo coa tradicional poxa de carne, que terá o seu punto final o domingo coa tradicional poxa da carne que terá lugar despois da misa solemne. Haberá sesión vermú e a Banda de Música de Lalín será a encargada de ofrecer o concerto dominical, nunha das parroquias que é ben coñecida pola súa paixón pola música e os festexos.
A programación sufragase con moito traballo por parte da comisión organizadora. Os ramistas non agochan que a contía a desembolsar é importante, pero que detrás está a colaboración dos veciños para facer posible a festa «e que fomos conseguindo a través de axudas publicitarias de empresas e negocios», destacan.
Esforzo e dedicación destes veciños sen dúbida detrás desta iniciativa para sacala adiante en tempos en que moitos festexos esmorecen por falta de persoas que se poñan ao fronte das comisións, unha aventura festeira que conleva un desembolso.