O do lugar de Pareizo, en Goiás, apareceu estragado e agora os veciños terán que decidir si arranxalo, tiralo ou facer un novo
08 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Foron levantados con moito traballiño e marcaron un eito de modernidade. Falamos dos palcos das festas que se atopan, case poderíamos dicir, en toda canta aldea hai e que, como lle pasou a moitas outras cousas na vida, foron quedando sen moito uso. No lugar de Pareizo, na parroquia de Goiás, en Lalín, érguese un feito, din os que o lembran, no 1979. Foron os veciños, pais e avós de moitos dos que agora viven na aldea os que ergueron esta construción meritoria que acollía aos músicos que tocaban na festa da patroa, a Virxe das Angustias.
Para algúns non é unha construción calquera senón tamén unha testemuña do esforzo dos que nos precederon e un símbolo da aldea. Estes días, o palco da música apareceu estragado. Vendo como quedou da a impresión de que recibiu un bo golpe nunha das paredes que quedou en anacos.
O alcalde pedáneo, Julio Pérez, aseguraba onte que non se sabía o que pasara. Cree que ocorreu de noite e explica que «na estrada hai sempre moitas rodeiras» e que esa é unha zona que frecuentan os mozos e onde, di, se fan carreiras de coches. A vista do golpe e pola altura máis semella que debería haber sido dado por algún tipo de vehículo máis alto cun turismo, pero quen sabe.
De todos xeitos, fose un accidente ou algo feito adrede, o palco acabou encintado e vaiado como medida de precaución. O pedáneo non cre que teña perigo de caer, pero cara ao seu futuro, asegura que «a decisión haberá que tomala entre todos os veciños», Pérez di que convocará unha reunión para falar do asunto. Nela estudárase, sinala, ben arranxalo, ou aproveitar para facer un máis grande ou quen sabe si tiralo. Sexa como sexa non parece que este elemento na memoria de moitos que garda as lembranzas de festas de moitas décadas teña moitos visos de que vaia a sobrevir, polo menos, tal e como é agora.
Falta de espazo
Explica que nos derradeiros tempos o palco da música xa non se usaba porque non é que non collan as orquestras, que xa contan dende fai moito con palcos propios e cada vez máis grandes, «e que tampouco collen as bandas» para as que os espazo quedouse moi cativo para acoller a cuberto aos músicos.
Noutras aldeas da contorna, hai outros palcos que sofren o mesmo problema. Os hai que foron arranxados e outros que foron desaparecendo. Pero non todo está perdido, hai outras construcións que perviven con máis sorte e son obxecto de máis arranxos. Unhas pola súa utilidade como as fontes, e outras polo seu valor etnográfico como é o caso dos lavadoiros.
Estes días, o historiador e escritor, Xoán Carlos García Porral, lembraba que «con cinco años collido da man de seu avó Manuel, ía ver como ergueron o palco da música e a capela meu pai e outros pais e avós dos que agora vivimos en Cotarelo e Pareizo» que, apuntaba, fixéronse realidade como froito da unión dos veciños.