Este Nadal, comercio local

Rafael Cuíña

LALÍN

07 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai unha cuestión que de sempre me obsesiona, como é ver medrar as Vilas dun xeito coherente. O Lalín que coñecemos construíuse dende unha sociedade rural, da que todo temos orgullosas orixes, ata o Concello no que vivimos hoxe, no que o equilibrio entre a tradición dos noso avós, e a adaptación aos novos tempos, ás veces inclina cara un lado perigoso a balanza na que se decide o noso futuro.

Estando en unha fonda crise con matices diferentes á que nos chegou en 2008, e con as perspectivas nada boas que anuncian as «trompetas da apocalipse» dos analistas financeiros, chegamos a tempos de Nadal, tradicionalmente consumistas, nos que tendemos a facer sobreesforzos pecuniarios, que non sabemos ata que punto nos podemos permitir. En un contexto tan complicado, hai situacións que debemos contemplar solidaria e intelixentemente. A necesaria aposta polos comercio de proximidade, debera ser case unha obriga para todos e todas. O noso veciño autónomo, a nosa veciña ao fronte dun mostrador, debera ser prioritario á hora de mercar en tempos de necesaria colaboración. Nunha sociedade saudable, o desexo de que á persoa coa que nos cruzamos na rúa lle vaia ben, non debera ser nin comentado, mais iso non pode quedar só en xestos baleiros, senón en realidades tanxibles.

Lalín sen dúbida ten un comercio variado e competitivo, no que o consumidor pode satisfacer as súas necesidades. A tendencia en estes tempos á comodidade do comercio electrónico nas plataformas de ventas detrás das que están as grandes multinacionais, non é máis que engadir cravos no cadaleito das necesidades do pequeno autónomo, xa ao límite da supervivencia nun mundo tan globalizado. Por iso estou convencido que os lalinenses este Nadal sairán á rúa, e cadaquén en función das súas posibilidades mercará no pequeno comercio desa persoa coa que coincides no café, que leva aos seus fillos ao mesmo centro escolar, coa que te contas as túas penas na consulta do Centro Médico, ou coa que compartes o teu malestar coa xestión do político que goberne en cada época.

O Lalín do futuro só se pode construír se as bases son sólidas, e isa solidez ten que partir de alicerces nos que apoiándonos uns aos outros, dende a cercanía e a comprensión, poidamos mirar aos ollos ao veciño e dicirlle, cando o necesites, aquí estou.

Ou Non?