—Arrancan cunha andaina.
—Ás alvarizas do Candán, unha maneira moi axeitada de abrir as actividades da feira.
Andaina abelleira, catas, relatorios e obradoiros infantís abren o programa
A primeira Feira Internacional de Apicultura de Lalín dará o seu inicio cunha andaina abelleira pola Serra do Candán, de 12 quilómetros, para ollar alvarizas e rematar cunha degustación de meles da zona. Pola tarde, ás 16.15 horas comezarán os primeiros relatorios; un a cargo do biólogo Martiño Nercellas que falará dos cen anos de fábrica apícola, e Luis Navarro abordará a diversidade de polinizadores (18.30 horas). Elia Pérez falará das bolboretas de día e de noite, e finalmente está prevista unha mesa redonda baixo o título de Apicultura protectora da biodiversidade. Haberá demostración en vivo dunha fundidora de mel e ás 18.15 horas Patricia e César Galego ofrecerán un showcooking no que o mel será o protagonista. A cativada poderá participar en varios obradoiros, que se estenderán de 16.30 a 18.00 horas, nos que comprobarán que os insectos tamén molan.