Lalín reconoce el talento en femenino

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

Laura Galego, Marta Varela, Luisa Rodríguez y Supernova, las premiadas

04 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

El jurado de la decimosexta edición del Premio ás Mulleres Maruja Gutiérrez, que convocó el Concello de Lalín a través de las concejalías de Igualdade y de Comercio, decidió galardonar a Laura Galego Vázquez, por la empresa Laura Galego Clínica Dental; al equipo de dirección de Supernova Asistencias S.L.U.; a Luisa Rodríguez, de la Taberna de Penalta de Madriñán; y a Marta Varela, primera árbitra actual de rugbi gallega que pita en regional.

Los premios, cuyo fallo ratificó la junta de gobierno local, serán entregados el 8 de marzo a las 20.30 horas en el Museo Municipal y se enmarcan dentro de las actividades que promueve el Concello de Lalín con motivo del Día Internacional das Mulleres. El jurado, que escogió las candidaturas ganadoras entre las presentadas a concurso en la reunión del pasado 23 de febrero, valoró la trayectoria profesional y el emprendimiento de estas mujeres lalinenses.

Así, Laura Galego Vázquez recibirá el premio en el apartado de joven empresaria por la puesta en marcha de su clínica dental en el 2021; el equipo de dirección de Supernova Asistencias como firma innovadora, centrada en la consultoría dirigida a empresas y organizaciones, apoyo administrativo a administraciones públicas, ocio educativo y dinamización cultural. A Luisa Rodríguez se la premiará por sus 50 años al frente de la Taberna de Penalta en la categoría de Toda unha vida, y a la deportista Marta Varela por visibilizar a las mujeres en un deporte masculinizado como es el rugbi.

«Eran anos en que había que fiar, pero contas de 500 pesetas non abundaban»

Moi agradecida di sentirse Luisa Rodríguez polo recoñecemento na categoría de Toda unha vida neste premios Maruja Gutiérrez. «É algo que anima moito e gústanme estas cousas», comenta amablemente dende Madriñán na mesma Taberna Penalta na que estivo 50 anos —dende 1969— e da que se fixeron cargo agora as súas fillas Julia e Mari.

—Estou xubilada pero non pasa día que non veña dar unha volta por detrás do mostrador (ri).

—Os tempos cambiaron moito nas tabernas.

—Moito. Eu tiña 23 anos cando o meu home decidiu mercar esta taberna que se vendía cunhas poucas cousas dentro. Eu non tiña idea disto; non sabía nin como cobrar, xa que lle axudaba ao meu home que era xastre, pero fomos indo adiante con moito traballo. Á taberna fómoslle metendo tamén cousas de alimentación, e despois máis tarde tamén tivemos estanco. Eran anos en que non había xente e había que comprar mercancía aos poucos, non se podía ter moito produto almacenado xa que non sabías se o venderías.

—Era habitual fiar as compras?

—Claro que había que fiar. Eran outros tempos, cartos había poucos. Eu vendía un taco de xabón que custaba 6 pesetas, mira onde vai todo agora. Apuntábamos as contas nunha libreta: 200, 300 pesetas de compras pero as de 500 pesetas non abundaban. O azucre viña en sacos de cañamazo e logo vendiamos medio quilo ou un quilo dependendo do que nos pediran os clientes.

—Tempos difíciles en que mesmo criaron unha nena, que non era súa.

—Na aldea eramos de axudarnos. Decidimos criala na casa para ofrecerlle mellores oportunidades. Tiña oito anos, mandámola á escola, como fixemos despois coas nosas fillas, e tamén axudaba na casa.

—Pechaban algún día as portas do ultramarinos?

—Só en casos moi puntuais (ri). Se era unha voda moi próxima a nós por ser da familia, algún día puidemos pechar, pero senón un iba á festa e o outro quedaba na taberna. Tiñamos aberto todos os días do ano. Eran outros tempos, traballamos moito o meu home e máis eu, pero estou contenta polo que fixemos nestes anos.

«O rugbi é un deporte de equipo, duro e con sensacións no campo»

Non contaba co premio, polo que Marta Varela estaba asimilando a nova dun recoñecemento á muller en movemento que «recollerei agradecida e emocionada».

 —Dereito e rugbi, como se conxuga?

—O rugbi é un deporte de equipo, duro pero con moitas sensacións no campo e vai relacionado coa miña profesión de xurista de impartir lei no campo. Están ambos campos conectados.

—Leva dez anos no Clube Rugby Coreti Lalín, fíxose árbitra e é a primeira galega actualmente en rexional.

—Son unha namorada do rugbi e dinme conta que para xogar mellor quería coñecer o regulamento, e como se interpreta. Por iso fixen cursos para formarme e chegar agora a ser árbitra.

—As regras son moi complexas.

—Si sobre todo polo factor interpretativo, pero animo ás nenas a que aposten por este deporte, que non é maioritario, e que aínda é moi masculino. Temos que ser máis visibles.

«Abrir a clínica, incluso en plena pandemia, foi un soño realizado»

Un recoñecemento no teu pobo é o mellor, apunta emocionada a odontóloga Laura Galego, premio Xove Empresaria.

 —Cursou odontoloxía por vocación?

—Non era vocacional total (ri), pero o certo é que agora é a miña paixón total e abrir a clínica no meu pobo, incluso en plena pandemia, foi un soño realizado.

—Abriu as portas da clínica no 2021, data complicada.

—Non foi o mellor momento pero estaba planificado, comezou a aventura e teño que dicir que foi moi ben, a acollida foi xenial.

—Especializouse en endodoncia, periodoncia e rehabilitación protésica e ortodoncia invisible, e continúa actualizándose.

—É preciso facelo. Non podemos deixar de formarnos para dar sempre a mellor atención aos pacientes. O mantemento de pezas é as ortodoncias centran boa parte do día a día, ao ser algo que se valora cada vez máis na sociedade por unha cuestión de estética pero tamén de funcionalidade. A xente afortunadamente cada vez cóidase máis.