Deza: Iván Blanco
Lembro cando coñecín a Iván. Eu estaba traballando de mestra de Preescolar no colexio público comarcal de Lalín e sendo el un rapaz chegou a súa primeira escola. Debido a súa diversidade funcional e que ten unha doenza rara (única en Galicia), tratei de ensinarlle comezando polo que máis lle gustaba, pintar co dedo, co pincel, pegar láminas nun debuxo,... etcétera. Lembro tamén a súa reacción tan espontánea como carismática cando non lle gustaba algo: tirar co papel, por exemplo. Coma cos demais nenos de cinco anos, do que se trataba era de facilitarlle a oportunidade de desenvolver habilidades propias para a mellor inserción social posible.
Ata fai pouco, sei que Iván estivo asistido participando en aulas, clases e obradoiros, que non só favorecen o seu desenvolvemento e aprendizaxe, senón tamén supoñía unha ferramenta necesaria para a súa familia. Agora Iván xa ten 25 anos e resulta que pola súa idade xa non pode participar desas experiencias, pois non existen centros especializados, nin institucións públicas, que lle ofrezan ese tipo de asistencia.
Esta situación é indigna. Políticos, asistentes sociais e o Defensor do Pobo deben procurar unha solución a esta realidade inxusta e insensible, porque a sociedade é diversa como o meu benquerido Iván. Apertas da túa primeira profe.
Comentarios