« Eu quérolle máis á Banda do que lle debería, dáme moitas alegrías»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Panxolo, veciño de Merza, pasou de ser o máis cativo, o , a ser o veterano con más de medio século como músico

30 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O derradeiro sábado, a Banda Artística de Merza tiña preparada unha sorpresa para o seu músico máis veterano. Un recoñecemento que o seu destinatario, José Ramón Varela Salgueiro Panxolo, confesa que «non me esperaba para nada». Conta que «a sorpresa foi maiúscula. Deixáronme sen fala». E non era para menos. 

Parte desa sorpresa era un pasodobre que leva o seu nome Panxolo e que foi composto por David Fiúza. Unha peza coa que xa ten gañado pasar á posteridade. A el e a todos os compañeiros desa gran familia que é a banda lles agradece infinitamente este xesto. Explica que «so o sabían o director, o autor, a directiva e os meus fillos; estabamos tocando e cambiaron a partitura e sacaron a que levaba o meu nome». 

Din os que o coñecen que para Panxolo á banda o é todo. E o comprobamos o oír a emoción que transmite a súa voz cando nos conta as viaxes, as anécdotas e algunhas das cousas vividas nestes case 54 anos. Confesa que «eu lle quero á Banda máis do que lle debería querer porque moitas veces antepuxen a banda a familia e a todo». Pero, engade, que «deume moitas alegría, e iso non mo quita ninguén, ¡e que mas siga dando moitos anos!». 

Empezou, di «no 65 e daquela tería cerca de dez anos e os doce xa sabía tocar». Entrou na formación «porque o encargado era un tío meu casado con unha tía miña», apunta. O director era «un valenciano que aparecera por aquí e xa estivera en Alongos, en Lalín, e recaeu aquí, era Amadeo Valero López, que está enterrado aquí». Naqueles tempos da metade da década dos 60, engade, «non había rapaces e saímos cinco, eu era o máis novo de todos». E de aí lle veu o nome «porque como era o pequeno empezaron a chamarme panxoliño por unha peza que tocabamos e se chama así, e logo de panxoliño a Panxolo». Nos 60 a banda a formaban uns 28 músicos todos xa adultos porque nesa época, lembra, moitos emigraron fora. Os pequenos coma el «nos tocaba levar o atril do director, carrexar as cousas, eramos os derradeiros da fila», bromea.

Para José Ramón Varela a Banda «é unha parte da familia». É tamén «un orgullo para todos nos que estamos nunha aldea e vemos os que nos recoñecen por aí fora cando saímos». Coa Artística de Merza viaxou por medio mundo sumando dous a Venezuela, a Arxentina, Holanda, Italia, Portugal... e as catro esquinas da xeografía española dende Valencia a Asturias pasando por Madrid ou Cantabria. Deses viaxes quédase «co segundo a Venezuela porque o primeiro foi no 82 e a vida estaba máis cara que aquí, pero cando fomos no 92 era o revés, os ricos eramos nos». Conta que «dicíannos que non sairamos por aí que era perigoso, pero nos saiamos igual, eramos mozos». Nalgún desas viaxes sempre había quen se subía a un avión por primeira vez, explica, ou mesmo que se estreaba a tocar coa banda». Son saídas divertidas aínda que recoñece que «o ser moitos, o galiñeiro é malo de levar». Unhas saídas que tamén os levaron a ver mundo, e engade, nas que tamén se divertiron moito.

Tanta viaxe deu para moitas anécdotas e lembra moitas trasnadas como «algúns bañándose en calzoncillos e outros que lles levaban a roupa e os deixaban alí na auga; ou quen acabou, por que o tiraron, nunha piscina co uniforme posto».

Pero o principal é levar o nome de Merza por aí presumindo de pobo, de música e, por suposto de músicos.

Panxoliño